Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A XVIII edición da Carreira Popular Lugo Monumental - Gran Premio CaixaBank abre as inscricións ata o 13 de decembro

A XVIII edición da Carreira Popular Lugo Monumental - Gran Premio CaixaBank abre as inscricións ata o 13 de decembro

Con motivo dos protocolos COVID, a organización distribuirá os espazos convenientemente nunha zona próxima á saída e informará das quendas de saída, así como dos horarios na páxina web.

A carreira, estará limitada a 1.500 adultos e toda a información do evento estará dispoñible na páxina web: www.10klugomonumental.com [1]. [1]

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Deportes
Xoves, 18 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concellería de Deportes, dirixida por Mauricio Repetto, informa que a XVIII edición da Carreira Popular Lugo Monumental - Gran Premio CaixaBank, ten aberta a súa inscrición ata o 13 de decembro. Todas as persoas interesadas poden anotarse, a través da páxina web: www.10klugomonumental.com [2].

O Concello de Lugo, co patrocinio de CaixaBank, organiza un ano máis a carreira popular Lugo Monumental, que xa ten aberta a súa inscrición. A saída para Adultos terá lugar as 11:00h na Avenida de Ramón Ferreiro, a carón da Praza Horta do Seminario cunha distancia aproximada de 10 km.

A día de hoxe e cos protocolos actuais, a previsión que ten a organización para poder participar na proba é a da obrigatoriedade da presentación do pasaporte Covid-19, e só, se a situación da pandemia empeora e as autoridades sanitarias así o esixen, se pedirá un test de antíxenos ou PCR válido nas 72h anteriores á proba, tal e como figura no regulamento da carreira.

Información de Interese para o Atleta

Servizos Médicos: A proba, conta con servizo médico situado na zona de meta xunto con dúas  Ambulancias, unha situada na zona de meta e outra na zona intermedia do circuíto durante as probas.

Seguro: Todos/as os/as participantes, estarán cubertos/as por unha póliza de seguros de Responsabilidade Civil e accidentes.

LOPD: Todos/as os/as corredores, ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

Non se disporá por cuestións de precaucións sanitarias de gardarroupa, duchas nin vestiarios.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xviii-edicion-da-carreira-popular-lugo-monumental-gran-premio-caixabank-abre-inscricions-ata-o

Ligazóns:
[1] http://www.10klugomonumental.com/
[2] http://www.10klugomonumental.com