Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A XV Exposición de Cogomelos, coa que colabora o Concello, terá lugar o 6 de novembro

A XV Exposición de Cogomelos, coa que colabora o Concello, terá lugar o 6 de novembro

Esta mostra, na que estarán expostas preto de 250 especies deste fungo, celebrarase no Colexio Rosalía de Castro de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 28 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A XV Exposición de Cogomelos, coa que colabora o Concello, terá lugar o 6 de novembro

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, presentaron este venres no Salón de Plenos a XIV Exposición de Cogomelos, que acollerá o Colexio Rosalía de Castro o vindeiro 6 de novembro.

Carmen Basadre lembrou que “outro ano máis o Concello colabora coa Sociedade Micolóxica Lucus para promover esta serie de iniciativas que poñen en valor os recursos forestais que temos no noso municipio”. A edil tamén felicitou a esta entidade polo impulso e, sobre todo, a información que aporta aos afeccionados á colleita de cogomelos.

Ademais, a Concelleira animou a todos os lucenses a asistir a esta exposición, “onde poderemos observar a gran variedade de fungos que temos no noso entorno, pero tamén recibir información de cada unha destas variedades, posto que cada exemplar irá acompañado por una ficha técnica con todo o necesario para que sexan recoñecidos”.

Julián Alonso fixo fincapé na importancia de coñecer ben as variedades para evitar riscos innecesarios. Agradeceu e lembrou “a estreita colaboración que están a prestar, tanto o Concello como o Colexio Rosalía de Castro para levar a cabo estas exposicións que xa chegan á súa decimo quinta edición”.

Esta edición, na que estarán expostas preto de 250 especies deste fungo, terá lugar en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A entrada é gratuíta.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xv-exposicion-de-cogomelos-coa-que-colabora-o-concello-tera-lugar-o-6-de-novembro