Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude traslada á mocidade de Lugo unha proposta de ocio nocturno para as tardes e noites da fin de semana

Xuventude traslada á mocidade de Lugo unha proposta de ocio nocturno para as tardes e noites da fin de semana

Até o 20 de xuño a rapazada de 15 anos en diante poderá desfrutar, na Casa da Xuventude, de música, baile, xogos predeportivos, monólogos e mesmo xincanas ou batallas de galos.

As persoas interesadas en participar nas actividades, organizadas ao abeiro do programa +XTI, poden inscribirse enviando un mail a maisporti2020@lugo.gal [1]. [1]

  • Tema
    • Benestar social,
    • COVID-19,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Luns, 19 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude traslada á mocidade de Lugo unha proposta de ocio nocturno para as tardes e noites da fin de semana

A área de Xuventude convida á mocidade lucense a aproveitar o tempo libre da fin de semana dunha maneira lúdica e divertida pero tamén saudable.

Ao abeiro do programa +XTI – subvencionado polo Plan Nacional de Drogas – a Casa da Xuventude impartirá até o 20 de xuño diferentes propostas encamiñadas a que a rapazada de máis de 15 anos atope nas instalacións municipais o seu punto de encontro e un lugar común de esparexemento no que levar a cabo diferentes actividades relacionadas coa música, o baile ou o predeporte así como xincanas, batallas de galos e mesmo monólogos, visitas guiadas e mesmo roteiros.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un mail a maisporti2020@lugo.gal [1] indicando o nome, apelidos, dirección, idade, DNI ou NIE e teléfono.

Mentres duren as restricións, organizaranse dous grupos dun máximo de 5 persoas cada un e o horario das actividades será de 17:30 horas a 21:30 horas tanto sábados como domingos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-traslada-mocidade-de-lugo-unha-proposta-de-ocio-nocturno-para-tardes-e-noites-da-fin

Ligazóns:
[1] mailto:maisporti2020@lugo.gal