Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude promove un curso práctico de manexo de dróns gratuíto para a mocidade lucense dentro da programación do +XTi

Xuventude promove un curso práctico de manexo de dróns gratuíto para a mocidade lucense dentro da programación do +XTi

A formación terá lugar todos os venres e sábados dende o 8 de marzo ata o 18 de maio, en dúas sesións de 16:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Jorge Bustos: “Este curso permitirá abrir portas nun ámbito laboral con gran demanda e en ascenso en diversas industrias, desde a fotografía aérea ata o sector da agricultura”

En total haberá 75 prazas dispoñibles. As inscricións abrirán este luns 19 a través da web www.lugomasxti.org [1] e a selección realizarase por orde de entrada das solicitudes.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento local,
    • Educación,
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Xoves, 15 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude promove un curso práctico de manexo de dróns gratuíto para a mocidade lucense dentro da programación do +XTi

A Concellería de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, abrirá o vindeiro luns as inscricións para participar nun curso práctico de manexo de dróns, totalmente de balde, destinado á mocidade lucense de entre 15 e 39 anos. Así o informou este xoves o concelleiro quen destacou que “esta formación ten como obxectivo capacitar aos mozos e mozas para o emprego destas aeronaves non tripuladas, que cada vez son máis empregadas nunha ampla variedade de campos profesionais”.

“Deste xeito, é unha gran oportunidade para aprender de instrutores especializados, nunha contorna única, os principios fundamentais do voo con drons e aplicar eses coñecementos de forma práctica, abrindo as portas nun ámbito laboral con gran demanda e en ascenso en diversas industrias, desde a fotografía aérea ata o sector da agricultura”, explicou Bustos.

Neste senso, os drons, debido á súa versatilidade e capacidade para realizar tarefas específicas de maneira eficiente, cada vez son máis empregados en campos como poden ser a topografía e cartografía, a seguridade e vixilancia, a industria enerxética, etc.

O curso terá lugar no Club de Aeromodelismo Lavanco, en Muxa, todos os venres e sábados dende o 8 de marzo ata o 18 de maio en dúas sesións de 16:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas. En total haberá 75 prazas dispoñibles. Cada participante ten dereito a unha sesión de 2 horas.

As inscricións estarán abertas do 19 de febreiro ao 19 de abril a través da web: www.lugomasxti.org [1] na pestana de Actividades. Os interesados deberán indicar a sesión de preferencia no formulario de inscrición. A selección realizarase por rigorosa orde de entrada das solicitudes, ata esgotar as prazas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-promove-un-curso-practico-de-manexo-de-drons-gratuito-para-mocidade-lucense-dentro

Ligazóns:
[1] http://www.lugomasxti.org/