Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude pon á mocidade activa a bailar mércores e xoves cunha masterclass

Xuventude pon á mocidade activa a bailar mércores e xoves cunha masterclass

As sesións serán gratuítas e terán lugar ás 12:00 horas, na Praza da Milagrosa o mércores, e na Praza de Augas Férreas o xoves

  • Tema
    • Música,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Martes, 22 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As sesións serán gratuítas e terán lugar ás 12:00 horas, na Praza da Milagrosa o mércores, e na Praza de Augas Férreas o xoves

A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, convidou á mocidade activa de Lugo a sumarse ás masterclass gratuítas de baile que se organizan dende Xuventude o mércores, 23 de decembro, e xoves, 24 de decembro ás 12:00 horas. O primeiro día será na Praza da Milagrosa e o segundo, na Praza de Augas Férreas.

Gravitty Lugo será a escola encargada de marcar os pasos para que os rapaces e rapazas gocen do inicio do Nadal movendo o esqueleto. A participación é aberta pero limitada. No caso de queo tempo non o permita, trasladarase a actividade á Casa da Xuventude, adaptándose ao aforo desta.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-pon-a-mocidade-activa-a-bailar-mercores-e-xoves