Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude organiza en agosto un curso gratuíto de iniciación ao skate e BMX a través da programación do +xTi

Xuventude organiza en agosto un curso gratuíto de iniciación ao skate e BMX a través da programación do +xTi

A actividade está dirixida á mocidade de entre 12 e 35 anos e contará con monitores federados. Celebrarase no skatepark municipal ubicado a carón das Termas.

Trátase dunha iniciativa financiada polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Deportes,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Xoves, 13 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude organiza en agosto un curso gratuíto de iniciación ao skate e BMX a través da programación do +xTi

A concellería de Xuventude organizará este mes de agosto un curso gratuíto de iniciación ao skate e BMX a través da programación do +xTi, financiada polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade. Así o avanzou o responsable da área, Jorge Bustos, quen explicou que se trata dunha “actividade aberta e de balde que non precisa iniscrición previa”.

Estará dirixida preferentemente á mocidade de entre 12 e 35 anos e contará con monitores federados; así mesmo, non será preciso dispor de material, senón que se facilitará no momento de desenvolver a propia actividade. As clases terán lugar no skatepark municipal ubicado a carón do centro comercial As Termas, na rúa Veiga Grande.

Celebraranse os tres primeiros venres e sábados de agosto (4-5, 11-12, e 18-19 de agosto). Os venres o horario será exclusivamente de tarde, de 17:00 a 21:00 horas; mentres que os sábados tamén haberá sesións pola mañá das 11:00 ás 14:00 horas, e pola tarde das 17:00 ás 21:00 horas. Ademais, o sábado 19 haberá unha exhibición aberta ao público ás 17:00 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-organiza-en-agosto-un-curso-gratuito-de-iniciacion-ao-skate-e-bmx-traves-da