Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude ofrecerá en aberto clases de cociña universitaria, do mundo e de nadal nas súas redes sociais oficiais

Xuventude ofrecerá en aberto clases de cociña universitaria, do mundo e de nadal nas súas redes sociais oficiais

  • Tema
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís,
    • Novas tecnoloxías
Mércores, 02 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude ofrecerá en aberto clases de cociña universitaria, do mundo e de nadal nas súas redes sociais oficiais

A área de Xuventude, que dirixe Ana G. Abelleira, ofrecerá en aberto as clases de cociña, tanto universitaria, como do mundo e de nadal, enmarcadas na programación de mocidade activa dos últimos meses do ano.

Estas xornadas culinarias estaba previsto levalas a cabo telematicamente e con inscrición, decindíndose ofrecelas en aberto para chegar a toda a mocidade con inquietudes do mundo da cociña ou a rapaces e rapazas que buscan aprender, no seu tempo de lecer, novas habilidades.

Transmitirase a través da conta de Facebook e Instagram de Xuventude de Lugo, tendo en conta os seguintes horarios:

  • Cociñas do mundo: sábados, ás 11:00 horas, dende o 5 de decembro ata o 16 de xaneiro
  • Cociña universitaria: mércores 9 e mércores 16 de decembro ás 18:15 horas
  • Cociña de nadal: mércores 23 e mércores 30 de decembro e luns 4 de xaneiro ás 18:15 horas

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-ofrecera-en-aberto-clases-de-cocina-universitaria-do-mundo-e-de-nadal-nas-suas-redes