Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude ofrece á mocidade lucense un curso homologado e gratuíto de socorrismo a través da programación do +XTi

Xuventude ofrece á mocidade lucense un curso homologado e gratuíto de socorrismo a través da programación do +XTi

Habilitará aos participantes que completen a formación para o exercicio desta profesión en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia.

En total haberá 25 prazas dispoñibles para lucenses de entre 18 e 28 anos. As inscricións abrirán o martes 5, ás 09:00 horas, a través da web www.lugomasxti.org [1].

  • Tema
    • Natación,
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Seguridade,
    • Sanidade
Sábado, 02 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude ofrece á mocidade lucense un curso homologado e gratuíto de socorrismo a través da programación do +XTi

A concellería de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, porá en marcha a mediados de mes un curso teórico-práctico homologado de socorrismo, totalmente de balde para a mocidade lucense, enmarcado no programa +XTi, cofinanciado polo Ministerio de Sanidade, a través do Plan Nacional sobre Drogas.

Este curso habilitará aos participantes que completen a formación para o exercicio desta profesión en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia. 

“Terá unha duración total de 120 horas, repartidas en 60 horas de formación online e 60 prácticas” explicou Bustos, quen detallou que “a formación online estará dispoñible dende o 15 de marzo, mentres que as sesións prácticas celebraranse ao longo de 14 días (sábados e domingos) de abril e maio das 10:00 ás 14:00 horas, máis 5 sesións de sábado tarde das 16:00 ás 20:00 horas, na piscina municipal climatizada de Frigsa”.

En total haberá 25 prazas dispoñibles para lucenses de entre 18 e 28 anos. Para participar será preciso saber nadar e posuir como mínimo o título de graduado na ESO. As inscricións estarán abertas dende as 09:00 horas do día 5 ata o 7 de marzo na páxina web www.lugomasxti.org [1]. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada das solicitudes ata esgotar as prazas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-ofrece-mocidade-lucense-un-curso-homologado-e-gratuito-de-socorrismo-traves-da

Ligazóns:
[1] http://www.lugomasxti.org/