Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude e Deportes pon á disposición da veciñanza, de forma gratuíta durante o verán, as instalacións da Casa do Deporte y o campo de fútbol Luis López Gorgoso

Xuventude e Deportes pon á disposición da veciñanza, de forma gratuíta durante o verán, as instalacións da Casa do Deporte y o campo de fútbol Luis López Gorgoso

O horario de uso de ambas instalacións será de martes a sábado, de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas por la tarde.

"Queremos ofrecer á veciñanza a oportunidade de aproveitar estas infraestruturas nunha época na que se interrompe a actividade dos clubs para seguir fomentando a práctica deportiva”, destaca o edil Jorge Bustos.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas,
    • Infraestruturas
Luns, 15 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude e Deportes pon á disposición da veciñanza, de forma gratuíta durante o verán, as instalacións da Casa do Deporte y o campo de fútbol Luis López Gorgoso

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da área de Xuventude e Deportes, poñerá ao dispor de todos os lucenses e todas as lucenses as instalacións da Casa do Deporte e o campo de fútbol Luis López Gorgoso de maneira gratuíta durante a tempada estival. "Queremos ofrecer á veciñanza a oportunidade de aproveitar estas infraestruturas nunha época na que se interrompe a actividade dos clubs para seguir fomentando a práctica deportiva”, destaca o edil Jorge Bustos. “Durante estes meses de verán, queremos que tanto novos como adultos poidan gozar destes espazos e aproveitar ao máximo o seu tempo libre. Estas dotacións son de todos e todas as lucenses, e cremos xusto que poidan facer uso delas de forma gratuíta”, conclúe Bustos.

As instalacións estarán dispoñibles para a práctica de fútbol sala e fútbol campo entre os meses de xullo e agosto, previa reserva da instalación. No Polideportivo Casa do Deporte, dispoñible ata o 26 de agosto, ofrecerase unha cancha cuberta para practicar deportes indoor. Pola súa banda, o Campo de Fútbol Luis López Gorgoso (Frigsa) conta con dous campos de Fútbol-7 de herba artificial, dispoñibles ata o 5 de agosto. O horario de uso de ambas as instalacións será de martes a sábado, de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.

Para realizar a reserva das infraestruturas, os grupos deben cumprir con certos requisitos: deben estar conformados por non menos de dez usuarios, ademais de empregar roupa e calzado deportivo. Os maiores de 18 anos terán que asinar unha Declaración Responsable, mentres que os menores de 18 anos necesitarán a firma dun adulto que se faga responsable do grupo. A reserva debe realizarse o día anterior, chamando ao número 626069369, durante o horario de apertura da instalación. As reservas faranse de hora en hora, permitindo unha reserva de espazo por día. A persoa responsable deberá completar o formulario de Declaración Responsable in situ antes de acceder á instalación.

"Esta medida evidencia a aposta que facemos desde o Goberno local polo fomento da práctica do deporte e as actividades saudables, así como a consolidación de Lugo como unha cidade para o deporte," engade Bustos. "Cando afirmamos que 'Lugo é Deporte', facémolo co convencemento que nos dá o noso traballo para consolidar a cidade como un referente na promoción de estilos de vida saudables, o desenvolvemento de deportistas e no apoio aos clubs. Queremos que Lugo sexa recoñecida polo seu compromiso co deporte e a calidade das súas instalacións deportivas."

Toda a información sobre o proceso de reservas poderá consultarse no número de teléfono 626069369, durante o horario de apertura da instalación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-e-deportes-pon-disposicion-da-vecinanza-de-forma-gratuita-durante-o-veran