Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude convoca un maratón fotográfico en Instagram coincidindo co 10º aniversario da Casa

Xuventude convoca un maratón fotográfico en Instagram coincidindo co 10º aniversario da Casa

As mozas e mozos de 14 a 35 anos interesados en participar poden realizar xa a súa inscrición en xuventudelugo.gal [1], ata 8 de abril.

As fotografía deberán realizarse nas actividades que compoñen o aniversaro, ao longo desta fin de semana.

Establécese un único premio dunha fin de semana para dúas persoas nas Cabanas da Chousa, no Veral (Lugo).

  • Tema
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís,
    • Novas tecnoloxías
Mércores, 07 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude convoca un maratón fotográfico en Instagram coincidindo co 10º aniversario da Casa

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, coincidindo coa celebración dos actos conmemorativos do 10º aniversario da Casa da Xuventude, convoca  un maratón fotográfico, para premiar a creatividade e técnica da mocidade. Tal e como explicou a edil, poden presentarse mozos e mozas de 14 a 35 anos, empadroados no Concello de Lugo, ou que traballen ou estuden no municipio, que teñan unha conta de Instagram pública.

Tamén deberán seguir a conta de Xuventude en Instagram: @XUVENTUDE_LUGO. As e os menores de 18 anos precisarán permiso dos pais, nais ou titores/as.

As imaxes deberán realizarse durante a celebración das distintas actividades que compoñen a programación de dito aniversario, ao longo desta fin de semana. Estas fotografías non poden ser retocadas nin manipuladas en ningún dispositivo externo á cámara ou dispositivo móbil coa que se realice. Cada persoa participante deberá subir ao Instagram unha única fotografía co cancelo #XuventudeActiva. Deberase mencionar no título a @XUVENTUDE_LUGO.

As persoas interesadas poden realizar xa a inscrición na páxina web de xuventude, www.xuventudelugo.gal [1], ata o día anterior ao inicio do maratón, é dicir ata este xoves, 8 de abril.

O xurado calificador estará composto por profesionais do sector da fotografía que premiarán a creatividade, a orixinalidade e a calidade fotográfica. Establécese un único premio dunha fin de semana para dúas persoas nas Cabanas da Chousa, no Veral (Lugo).

As bases poden consultarse na seguinte ligazón: https://cutt.ly/xcQ6Mkx [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-convoca-un-maraton-fotografico-en-instagram-coincidindo-co-10o-aniversario-da-casa

Ligazóns:
[1] http://www.xuventudelugo.gal/
[2] https://cutt.ly/xcQ6Mkx