Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude converte o contacontos adiado de Samaín en Contos de outono online para noites máxicas

Xuventude converte o contacontos adiado de Samaín en Contos de outono online para noites máxicas

Desenvolveranse de xeito telemático, concretamente dende o vindeiro martes 24 de novembro, todos os martes e xoves ata o 10 de decembro, ás 20:00 horas no Facebook Xuventude Lugo, así como na conta de Instagram @Xuventude_lugo

Trátase de seguir ofrecendo, de forma gratuíta, aprendizaxe e entretemento ás mozas e mozos, que con esta alternativa se abre tamén ás máis cativas e cativos. Poderase gozar da maxia de diversos contos narrados polos membros da asociación de recreación histórica Clan de Breogán

  • Tema
    • Educación,
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Luns, 23 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude converte o contacontos adiado de Samaín en Contos de outono online para noites máxicas

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, converte o contacontos adiado de Samaín en Contos de outono online para noites máxicas. Trátase do espectáculo que ía ter lugar o 1 de novembro, na Praza da Milagrosa, que foi aprazado polas restricións sanitarias, e que agora se desenvolverá de xeito telemático, concretamente dende o vindeiro martes 24 de novembro, todos os martes e xoves, ata o 10 de decembro, ás 20:00 horas no Facebook Xuventude Lugo, así como na conta de Instagram @Xuventude_lugo.

A calendarización é á seguinte:

  • Introdución ao Samaín (martes 24 de novembro ás 20.00 h.)
  • Indo para o Samaín (xoves 26 de novembro ás 20.00 h.)
  • O noso Samaín (martes 01 de decembro ás 20.00 h.)
  • Corre corre Cabaciña (xoves 03 de decembro ás 20.00 h.)
  • A castañá que rebentou de risa (martes 08 de decembro ás 20.00 h.)
  • Carabuñas (xoves 10 de decembro ás 20.00 h.)

Trátase de seguir ofrecendo, de forma gratuíta, aprendizaxe e entretemento ás mozas e mozos, que con esta alternativa se abre tamén ás máis cativas e cativos, coincidindo ademais coa conmemoración do Día Mundial da Infancia, que se celebra o 20 de novembro. Poderase gozar da maxia de diversos contos narrados polos membros da asociación de recreación histórica Clan de Breogán.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-converte-o-contacontos-adiado-de-samain-en-contos-de-outono-online-para-noites