Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude colabora con CeibaRimas para traer a Lugo competicións de rap improvisado en galego

Xuventude colabora con CeibaRimas para traer a Lugo competicións de rap improvisado en galego

Será o martes, 8 de setembro, a partir das 17:30 horas, na Praza de Augas Férreas

O rapeiro Frank, de Rebeliom do Inframundo, impartirá o obradoiro de improvisación

  • Tema
    • Música,
    • Programación cultural,
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Xoves, 03 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O rapeiro Frank, de Rebeliom do Inframundo, impartirá o obradoiro de improvisación

O Concello de Lugo continúa apostando por ofrecerlle distintas alternativas á mocidade, e nesta ocasión, relacionada coa cultura urbana da man do fomento da lingua galega, cun obradoiro de rap improvisado en galego. Será o martes, 8 de setembro, a partir das 17:30 horas, na Praza de Augas Férreas, impartido por un dos membros do grupo de rap Rebeliom do Inframundo, Frank, que lle dará consellos aos mozos e mozas de Lugo para sumerxirse no mundo do freestyle.

Esta actividade está enmarcada na iniciativa CeibaRima, financiada pola entidade autonómica e impulsada en Lugo pola área de Xuventude, quen xa puxo en marcha neste verán un ciclo de actividades de estiblos urbanos, da man do programa +Xti, en distintas prazas da cidade.

A mocidade asistente a este obradoiro contará con dúas horas de formación, nas que aprenderán conceptos básicos. Os e as interesadas poden inscribirse a través da páxina web www.ceibarimas.gal [1] Durante o obradoiro, os e as usuarias deberán cumprir coas diferentes medidas establecidas con motivo da COVID-19.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-colabora-con-ceibarimas-para-traer-a-lugo-competicions-de-rap

Ligazóns:
[1] http://www.ceibarimas.gal/