Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude afonda no receitario galego a través de varios talleres de cociña online

Xuventude afonda no receitario galego a través de varios talleres de cociña online

Estes obradoiros telemáticos poderán seguirse nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo, todos os luns, ás 19:00 horas ata finais de xuño.

A programación arrinca hoxe coa elaboración da receita da queixada.

  • Tema
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís,
    • Novas tecnoloxías
Luns, 01 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude afonda no receitario galego a través de varios talleres de cociña online

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, propón, dende hoxe, á mocidade lucense afondar no receitario galego a través dunha serie de talleres de cociña online.

Esta programación enmárcase nas actividades para a Xuventude Activa do primeiro semestre do ano e, ao longo dos vindeiros meses, tratará de achegar á rapazada á gastronomía do país, logo de ter repasado xa a hindú, ceutí, mexicana, vietnamita ou do norte de África, entre outras rexións; ademais de platos típicos do Nadal ou do Entroido.

Os obradoiros, que teñen carácter telemático, poderán seguirse nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo, todos os luns, ás 19:00 horas ata finais de xuño. Arrincarán esta tarde coa receita da queixada.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-afonda-no-receitario-galego-traves-de-varios-talleres-de-cocina-online