Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto para a demolición da ampliación do cemiterio de Muxa e reconstrución do muro tradicional

A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto para a demolición da ampliación do cemiterio de Muxa e reconstrución do muro tradicional

Luis Álvarez salientou que a Consellería de Sanidade non está actuando con dilixencia para levar a cabo a exhumación dos restos que poida haber

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Urbanismo
Mércores, 27 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente en funcións, Luis Álvarez, deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e na que primaron os asuntos ordinarios de licenzas de obras e parcelamentos.

O asunto destacado foi a aprobación do proxecto técnico elaborado polo Concello de Lugo para a demolición da ampliación do cemiterio de Muxa e reconstrución do muro tradicional de peche, para cumprir unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O prazo de execución previsto será de 6 meses, que se computarán a partir do momento no que esté acreditada a total exhumación dos restos e terá un orzamento de 123.000 euros. Tamén se acordou continuar coas actuacións tendentes á exhumación dos restos que debe levar a cabo a Consellería de Sanidade.

Neste sentido, Luis Álvarez, indicou que “a Consellería de Sanidade non está actuando, segundo o noso punto de vista, coa suficiente dilixencia xa que estamos falando do cumprimento dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e asi llelo fixemos saber”. Esta actuación que conta cos permisos pertinentes da Secretaria Xeral de Patrimonio “non se poderá iniciar ata que Sanidade non leve a cabo as exhumacións dos restos”.

Na Xunta de Goberno Local tamén se autorizou a realización de servizos extraordinarios para levar a cabo polo encargo da piscina e motivado pola xubilación dun dos funcionarios e tamén se aoutorizou o persoal que forma parte dos turnos rotatorios e Patrulla Verde servizos extraordinarios para poder atender calquer servizo extraordinario que poidera suceder no mes de xuño e non fose suficiente o personal dos turnos de traballo para que dito servizo poida desenvolverse coa suficiente garantía.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xunta-de-goberno-local-aproba-o-proxecto-para-demolicion-da-ampliacion-do-cemiterio-de-muxa-e