Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Xunta de Goberno iniciará o procedemento para contratar a reforma do soto da Praza de Abastos

A Xunta de Goberno iniciará o procedemento para contratar a reforma do soto da Praza de Abastos

Cristina López: “queremos que a veciñanza poida desfrutar da renovación completa da Praza canto antes”

O procedemento sairá a licitación por 650.000€ e un prazo de execución de 4 meses

  • Tema
    • Economía,
    • Comercio,
    • Infraestruturas
Martes, 11 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Xunta de Goberno iniciará o procedemento para contratar a reforma do soto da Praza de Abastos

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou que a Xunta de Goberno de mañá aprobará o proxecto para a reforma do soto da Praza de Abastos. Segundo Cristina López, “a partir de mañá abrirase o procedemento de licitación que agardamos realizar no menor espazo de tempo posíbel para que toda a veciñanza poida desfrutar da renovación completa da Praza de Abastos canto antes”.

A reforma sairá a licitación mediante un Procedemento Aberto Simplificado, e terá un orzamento base de 650.000€ e un prazo de 4 meses. Segundo Cristina López, “queremos facilitar á veciñanza o poder consumir produtos coa calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados”. A edil de Participación afirmou que “desde o goberno municipal seguiremos a potenciar o comercio local, nomeadamente na Praza de Abastos e no Mercado Municipal”.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre a Praza de Abastos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xunta-de-goberno-iniciara-o-procedemento-para-contratar-reforma-do-soto-da-praza-de-abastos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/200811_cristina_lopez_praza_de_abastos.mp3