Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Xunta de Goberno iniciará a licitación da obra na Praza do Sagrado Corazón

A Xunta de Goberno iniciará a licitación da obra na Praza do Sagrado Corazón

Alexandre Penas: “mellorarase o firme e a súa iluminación, o que proporcionará unha praza aberta e amábel coas persoas”

A actuación conta cun orzamento de 110.000€ e un prazo de execución de tres meses

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Martes, 15 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Xunta de Goberno iniciará a licitación da obra na Praza do Sagrado Corazón

O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que na Xunta de Goberno de mañá aprobarase  a licitación da obra de humanización da praza do Sagrado Corazón. “Desde a área de Mobilidade e Infraestruturas poñemos en marcha esta obra  de humanización para dar continuidade ao traballo realizado tras a instalación do novo ascensor” detallou o concelleiro.

Esta obra xa fora anunciada pola área de Mobilidade e Infraestruturas urbanas para garantir as boas condicións dos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. O edil Alexandre Penas explicou os detalles, “mellorarase o firme da praza e a súa iluminación, o que converterá este lugar nun espazo máis  aberto e amábel coas persoas” subliñou o concelleiro “e comunicará a praza co ascensor recentemente inaugurado”

O proceso de licitación contará cun orzamento de 110.000€, nun prazo de execución de 3 meses. Para a área de Infraestruturas Urbanas, os barrios teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas indicou que “podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”.

Audio

  • O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre as obras en Sagrado Corazón | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xunta-de-goberno-iniciara-licitacion-da-obra-na-praza-do-sagrado-corazon

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201215_alexandre_penas_sagrado_corazon.mp3