Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Xunta de Goberno aproba os pregos de licitación do novo Plan de Tráfico da Milagrosa

A Xunta de Goberno aproba os pregos de licitación do novo Plan de Tráfico da Milagrosa

Dende a área de Mobilidade e Infraestruturas investiranse 67.696€

A licitación sae adiante mediante un procedemento aberto simplificado

  • Tema
    • Seguridade,
    • Tráfico
Mércores, 30 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Xunta de Goberno aproba os pregos de licitación do novo Plan de Tráfico da Milagrosa

O Alcalde en funcións e responsábel de mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou hoxe os pregos de licitación dun procedemento aberto simplificado, por un custe de 67.696€, das actuacións para o novo Plan de Tráfico do barrio da Milagrosa. Segundo Arroxo, as actuacións terán un prazo de execución de 2 meses “e mellorarán a circulación do tráfico e a seguridade vial na zona”    

Rubén Arroxo indicou que “entre as actuacións previstas para mellorar a seguridade dos veciños e veciñas da zona está o desprazamento de varios pasos de peóns”. Ademais, “reordenaremos o tráfico para aumentar a súa fluidez”. Rubén Arroxo anunciou que na Avenida da Coruña, modificarase o acceso á praza Agro do Rolo, a través dunha nova incorporación, a cal agora está habilitada provisionalmente para os buses urbanos.

Rubén Arroxo indicou que noutras rúas mudarán o sentido da circulación, entre elas, as rúas Xulia Minguillón e Mallorca cambiarán de sentido “creando así unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario”.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre a Xunta de Goberno | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xunta-de-goberno-aproba-os-pregos-de-licitacion-do-novo-plan-de-trafico-da-milagrosa

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191030_ruben_arroxo_xunta_de_goberno.mp3