Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xornada para romper estereotipos no Vello Cárcere coa presentación pública do libro Galofoguete, obra de dúas luguesas

Xornada para romper estereotipos no Vello Cárcere coa presentación pública do libro Galofoguete, obra de dúas luguesas

Lara Méndez asistiu a dito acto de presentación da publicación, editado pola propia escritora e ilustradora

  • Tema
    • Alcaldía
Sábado, 27 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xornada para romper estereotipos no Vello Cárcere coa presentación pública do libro Galofoguete, obra de dúas luguesas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este sábado, no patio do Vello Cárcere, á presentación pública dun libro que rompe estereotipos, Galofoguete, obra de dúas luguesas, Elena Fernández, a escritora, e Inés Varela, a ilustradora. A esta presentación tamén se achegou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e numeroso público de todas as idades.

Galofoguete trátase dun libro que narra a historia dun galo que quere voar a unha galaxia e que non pode, por mor dunha caída que sufre nun prado. Alí atópao unha cativa, Sabela, a protagonista, que o leva onda súa nai, mecánica de profesión, coas que finalmente o galo se queda a convivir. Con esta obra búscase subliñar a importancia de apreciar á amizade, enxalzar o traballo en equipo e romper os estereotipos, onde neste caso a mecánica é a nai, deixando de ser este un oficio masculino.

O libro está editado polas propias Fernández e Varela e pódese adquirir en Lugo, Santiago, A Coruña, Carballiño, Xinzo, Allariz e Lalín.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xornada-para-romper-estereotipos-no-vello-carcere-coa-presentacion-publica-do-libro