Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A xornada de seguridade viaria na moto: Bike con Tento aplázase polo mal tempo

A xornada de seguridade viaria na moto: Bike con Tento aplázase polo mal tempo

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 04 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A xornada sobre seguridade viaria na moto que estaba previsto que tivera lugar mañá sábado 5 de xullo baixo o título Bike con tento, aplázase por mor do mal tempo. Próximamente anunciarase a data na que terá lugar esta actividade organizada polo Concello de Lugo, a Dirección Xeral de Tráfico, a Asociación Provincial de Autoescolas, o Gremium Moto Club Galicia e Lóstregos Lucus.

Este curso teórico-práctico tratrá de transmitir ás mozas e mozos lucenses as principais técnicas de manexo seguro.

Ademais, ao longo da xornada haberá diversas actividades complementarias na praza da Horta do Seminario, como o concerto de Killer (grupo que ensaia nas dependencias da Casa da Música)  e Maldía, así como unha exposición de motos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xornada-de-seguridade-viaria-na-moto-bike-con-tento-aplazase-polo-mal-tempo