Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A XIX Exposición de Cogumelos, organizada pola Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar o vindeiro 7 de novembro

A XIX Exposición de Cogumelos, organizada pola Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar o vindeiro 7 de novembro

Maite Ferreiro presentou a exposición que conta co apoio da área de Cultura Cultura do Concello, xunto con representantes da sociedade micolóxica lucus

A exposición estará aberta de 11 a 14 e de 16 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Medio ambiente,
    • Medio rural
Mércores, 03 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A XIX Exposición de Cogumelos, organizada pola Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar o vindeiro 7 de novembro

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada por Julián Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XIX Exposición de Cogumelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante este domingo, 7de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta. A edil de cultura presentou o evento xunto con Julián Alonso, presidente da Sociedade Micolóxica Lucus.

Maite Ferreiro destacou que "o traballo que están facendo dende a Sociedade Micolóxica non só na labor divulgativa senón tamén con numerosas actividades que organizan para achegarnos  e dar a coñecer a toda a veciñanza o mundo da micoloxía".

Na exposición cada exemplar está acompañado por unha ficha técnica da especie en cuestión onde se indican datos como o seu hábitat, se é comestible ou non, ou a súa toxicidade, ademais dunha pequena exposición fotográfica e un espazo audiovisual.

Audio

  • A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a Exposición de Cogomelos | Descargar mp3 [1]
  • O presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, sobre a Exposición de Cogomelos | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xix-exposicion-de-cogumelos-organizada-pola-sociedade-micoloxica-lucus-tera-lugar-o-vindeiro-7

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/211103_maite_ferreiro_exposicion_de_cogomelos.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/211103_julian_alonso_exposicion_de_cogomelos.mp3