Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xa está activo o concurso de debuxo on line para celebrar o Día de Intenet

Xa está activo o concurso de debuxo on line para celebrar o Día de Intenet

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ten xa aberta a través da dirección www.pintaconnos.com [1] un concurso de debuxo no que se repartirán distintos premios e no que poderán participar persoas de todas as idades. Esta actividade foi programada pola Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, para conmemorar o Día de Internet.

Unha nova aplicación na web municipal, está dispoñible até o mércores para a participación. Trátase dun debuxo on line no que poderán participar todos os que o desexen. Nos anos anteriores, con motivo desta celebración, colgouse na web con motivo desta celebración un xogo interactivo con Lugo e o Alcalde como protagonistas.

Acompañando o debuxo cos datos persoais poderá participarse nun concurso no que se repartirán como premios dous teléfonos móbiles de última xeración para os adultos e dúas consolas portátiles Nintendo DS para os menores de idade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xa-esta-activo-o-concurso-de-debuxo-line-para-celebrar-o-dia-de-intenet

Ligazóns:
[1] http://www.pintaconnos.com/