Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xa está aberto o prazo para inscribirse no curso gratuito de Monitor de Comedor Escolar

Xa está aberto o prazo para inscribirse no curso gratuito de Monitor de Comedor Escolar

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 21 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, anuncia que xa está aberto o prazo para solicitar unhas das 15 prazas do curso de Monitor de Comedor Escolar enmarcado dentro do programa +XTI formación.

O curso impartirase os sábados de 10 a 14 horas entre o 9 de maio e o 20 de xuño cunha duración total de 41 horas das que 10 serán online e 3 de manipulación de alimentos.

Este tipo de curso está orientado a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos de idade e deberán inscribirse antes do 6 de maio na Casa da Xuventude.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xa-esta-aberto-o-prazo-para-inscribirse-no-curso-gratuito-de-monitor-de-comedor-escolar