Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A X Mostra de Teatro Clásico de Lugo comeza esta semana cunha obra de Lope de Vega

A X Mostra de Teatro Clásico de Lugo comeza esta semana cunha obra de Lope de Vega

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 28 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A X Mostra de Teatro Clásico organizada polo Concello de Lugo a través da Concellería de Cultura e Turismo arrinca o vindeiro domingo 31 de xaneiro coa representación de ¿De cuando acá nos vino? de Lope de Vega da man da compañía nacional de Teatro Clásico.

O ciclo teatral continuará o luns 1 de febreiro Rafael Álvarez “El Brujo” presentará El Evangelio de San Juan. O 3 de febreiro volve Lope de Vega coa representación de El Caballero de Olmedo da man de Teatro Corsario. Ur Teatro presentará o 4 de febreiro El sueño de una noche de verano de Shakespeare. O autor inglés será tamén o protagonista o sábado 6 de febreiro coa obra de El mercader de Venecia a cargo de Darek Teatro.

Misterio del Cristo de los Gascones a cargo de Nao D´amores Teatro porá fin ao ciclo o día 7 de febreiro.

As entradas continúan á venda a través de www.caixanova.es [1] ou no teléfono 902 504 500. O prezo establécese entre os 14 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Ademais pódense mercar bonos para as 6 funcións a 50 euros na zona A, 38 euros na zona B e 27 na zona C.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/x-mostra-de-teatro-clasico-de-lugo-comeza-esta-semana-cunha-obra-de-lope-de-vega

Ligazóns:
[1] http://www.caixanova.es