Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Volve a Letra das Festas ao San Froilán, baixo o título Arquitecturas efémeras do San Froilán. Lembranza da paisaxe efémera do feiral: carruseis, teatriños, atraccións, gabinetes, consultorios e túneles do inferno

Volve a Letra das Festas ao San Froilán, baixo o título Arquitecturas efémeras do San Froilán. Lembranza da paisaxe efémera do feiral: carruseis, teatriños, atraccións, gabinetes, consultorios e túneles do inferno

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asistiron á 13 edición do espazo organizado pola AELG no Vello Cárcere.

Lois Pérez presentou o acto, que contou coa ambientación musical de Saulo Sause, e con Dina Pérez, Jorge Salvador, Alberte González e Ana Carreira como colaboradores.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Luns, 09 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Volve a Letra das Festas ao San Froilán, baixo o título Arquitecturas efémeras do San Froilán. Lembranza da paisaxe efémera do feiral: carruseis, teatriños, atraccións, gabinetes, consultorios e túneles do inferno

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron á 12 edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán que se realizou no Vello Cárcere baixo o título Arquitecturas efémeras do San Froilán. Lembranza da paisaxe efémera do feiral: carruseis, teatriños, atraccións, gabinetes, consultorios e túneles do inferno.

A nova edición da Letra das Festas foi presentada por Lois Pérez, e contou coa animación musical do guitarrista Saulo Sause, e coas intervencións de Dina Pérez, Jorge Salvador, Alberte González e Ana Carreira.

O programa do San Froilán continúa hoxe con máis actividades, entre as que destacan o espectáculo infantil “Froilán e o Lobo” e “Rodeo”, na programación do San Froilán Miúdo, pasarrúas e os concertos de Los Revelators e Luar na Lubre.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/volve-letra-das-festas-ao-san-froilan-baixo-o-titulo-arquitecturas-efemeras-do-san-froilan