Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A VI Media Maratón Cidade de Lugo reunirá o domingo a preto dun milleiro de participantes, co apoio do Concello

A VI Media Maratón Cidade de Lugo reunirá o domingo a preto dun milleiro de participantes, co apoio do Concello

Jorge Bustos e Ana Abelleira participaron este luns na presentación do evento, que contará con dúas modalidades: unha proba de 10 quilómetros e outra de 21.

“Este evento, xunto coa disputa do campionato do Mundo de motocrós este fin de semana, farán que Lugo sexa epicentro e capital do deporte”, destacou Bustos.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Deportes,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Xuventude
Luns, 06 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A VI Media Maratón Cidade de Lugo reunirá o domingo a preto dun milleiro de participantes, co apoio do Concello

Os edís de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, e Cohesión Social e Territorial, Ana Abelleira, participaron este luns na presentación da sexta edición da media maratón Cidade de Lugo, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de maio, organizada polo diario El Progreso, coa colaboración do Concello. O evento deportivo contará con dúas modalidades, unha proba de 10 quilómetros, e outra de 21, con saída e meta ambas na Praza Horta do Seminario.

Jorge Bustos explicou que se trata “dunha cita xa consolidada na nosa cidade, cunha gran acollida, pois cada ano reúne a centenares de participantes, e ademais supón unha magnífica oportunidade para que deportistas que veñen doutras localidades poidan coñecer e disfrutar do noso municipio ao desenvolverse a proba nunha contorna privilexiada”.

Neste senso, o edil destacou “o apoio do Concello de Lugo a esta cita, ao longo das súas seis edicións, un evento que, xunto coa disputa do campionato do Mundo de motocrós este fin de semana, farán que Lugo sexa epicentro e capital do deporte, reunindo a un importante número de visitantes na nosa cidade, coa repercusion económica que isto conleva para os negocios e establecementos locais”.

“A día de hoxe xa son 960 as persoas inscritas para participar o domingo, 618 na media maratón e 342 na modalidade de 10k”, subliñou Bustos. Toda a información atópase na web oficial: www.mmcidadelugo.com [1] Ás 10:00 horas terá lugar a saída da 10k e ás 10:15 horas a saída da media maratón. A proba estará controlada por CCNORTE e dispoñerá varios controis de paso tanto en puntos estratéxicos como en puntos quilométricos para o correcto control dos participantes.

Audio

  • O edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, sobre a Media-Maratón | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/vi-media-maraton-cidade-de-lugo-reunira-o-domingo-preto-dun-milleiro-de-participantes-co-apoio

Ligazóns:
[1] http://www.mmcidadelugo.com/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/060524_jorgebustos_mediomaraton.mp3