Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > "A veciñanza do Sagrado Corazón poderá desfrutar en poucas semanas dunha praza totalmente renovada" dixo Rubén Arroxo

"A veciñanza do Sagrado Corazón poderá desfrutar en poucas semanas dunha praza totalmente renovada" dixo Rubén Arroxo

O Tenente Alcalde visitou a praza xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro

O Goberno de Lugo inviste 86.020€ para avanzar na mellora dos barrios posta en marcha pola Tenencia de Alcaldía

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Xoves, 13 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
"A veciñanza do Sagrado Corazón poderá desfrutar en poucas semanas dunha praza totalmente renovada" dixo Rubén Arroxo

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, o edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitaron a obra de humanización da praza do Sagrado Corazón. “Nas vindeiras semanas a veciñanza da zona poderá desfrutar dunha praza totalmente renovada e humanizada, que dará continuidade ao traballo realizado tras a instalación do novo ascensor”, detallou o Tenente Alcalde que se reuniu con responsables da obra durante a súa visita.

Esta obra está a ser executada pola área de Mobilidade e Infraestruturas urbanas para garantir as boas condicións dos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Arroxo explicou as melloras que se están a realizar na zona, consistentes na renovación do firme da praza e da súa iluminación, “o que converterá este lugar nun espazo máis  aberto e amable coas persoas e comunicará a praza co ascensor recentemente inaugurado".

Coa renovación do alumeado público avanzarase na implantación de luminarias LED, que contan con consumos inferiores ás luminarias instaladas actualmente, e terán unha tonalidade máis agradable que a actual.

A actuación conta cun orzamento de 86.020€. A área de Infraestruturas da Tenencia de Alcaldía planifica traballos nos distintos barrios “para garantir que toda a veciñanza, independentemente do lugar no que viva teña as atencións precisas por parte do Concello”. 

Audio

  • O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a praza de Sagrado Corazón | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/vecinanza-do-sagrado-corazon-podera-desfrutar-en-poucas-semanas-dunha-praza-totalmente

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220113_ruben_arroxo_praza_sagrado_corazon.mp3