Urbanismo autoriza outras catro actuacións de mellora en inmobles da Tinería
Na última semana foron 8 as licenzas asinadas por Miguel Couto para intervir en edificios degradados do Casco Histórico
- Tema
- Urbanismo
O edil de Urbanismo Sostible acaba de asinar outros catro decretos autorizando ao Instituto Galego de Vivenda e Solo a acometer sendas intervencións noutros tantos edificios catalogados do Casco Histórico que contan con especial protección ao estar asentados no Burgo Medieval.
Trátase de actuacións para proceder á pintura exterior da fachada nos inmobles número 2 e 6 do Recanto do Miño e do número 40 da Rúa da Tinería, ademais da pintura da carpintería do edificio 3 -5 da rúa Falcón, para as que se establece un prazo de execución de seis meses.
Miguel Couto destacaba que, con estas, son 8 as licenzas outorgadas pola súa concellería na última semana, correspondentes con solicitudes que o IGVS presentou a mediados do mes de agosto.
“Temos un obxectivo prioritario: o de abordar coa máxima celeridade a tramitación de todos os expedientes que chegan ao noso servizo e, especialmente, aqueles que coma estes catro tratan de recuperar unha contorna histórica e socialmente degradada da nosa cidade na que o equipo de goberno leva anos traballando para dinamizala, primeiro co viveiro de empresas e agora axilizando aquelas obras que procuran dignificar a súa imaxe e tamén mellorar a calidade de vida dos seus residentes”, subliñou o edil de Urbanismo Sostible.
Audio
- O edil de Urbanismo Sostible, sobre as obras da Tinería | Descargar mp3 [1]