Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Uns mil rapaces asisten ós concertos didácticos de Jazz organizados pola Concellería de Educación

Uns mil rapaces asisten ós concertos didácticos de Jazz organizados pola Concellería de Educación

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A XVII edición do Festival de Jazz, organizado pola Asociación de Amigos del Jazz (Escobijazz) e copatrocinado polo Concello de Lugo, a Consellería de Innovación e Industria e a Fundación Caixa Galicia terá lugar ó longo de toda a semana. A Concellería de Educación, dentro do programa xeral, organizou unha serie de concertos didácticos destinados a rapazas e rapaces do último ciclo de Primaria e do primeiro ciclo de Secundaria.

Uns mil rapaces de todos os colexios da cidade participarán nestas actuacións que terán lugar de luns a mércores no Círculo das Artes en dous pases, ás 10:00 e ás 12:00 horas.

Os distintos estilos máis coñecidos do jazz, a tarefa e función de cada instrumento, as características de cada músico, serán explicadas durante esta exposicións, sempre facendo participar aos asistentes, que subirán ó esceario para incluírse activamente na representación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/uns-mil-rapaces-asisten-os-concertos-didacticos-de-jazz-organizados-pola-concelleria-de-0