Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Uns 60 cativos aprenden inglés, francés e alemán no verán nas Casas das Linguas do Concello

Uns 60 cativos aprenden inglés, francés e alemán no verán nas Casas das Linguas do Concello

Carmen Basadre mantivo este xoves un encontro cos participantes destas actividades gratuítas que a entidade local puxo en marcha para favorecer a conciliación laboral e familiar

  • Tema
    • Infancia,
    • Cultura e Turismo,
    • Ensino de linguas,
    • Xuventude
Xoves, 07 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Uns 60 cativos aprenden inglés, francés e alemán no verán nas Casas das Linguas do Concello

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da língua, Carmen Basadre, mantivo este xoves un encontro cos participantes nas actividades gratuítas de verán da Casa das Linguas, unha programación posta en marcha polo Concello para favorecer a conciliación laboral e familiar e abrir alternativas de lecer aos máis cativos ao longo do verán. As actividades, que arrincaron o pasado luns, terán lugar ata o 28 de xullo, nunha primeira quenda, e do 1 ao 31 de agosto, nunha segunda quenda, de luns a xoves.

Durante o encontro, Basadre interesouse polas aprendizaxes dos nenos e nenas ao tempo que subliñou a importancia de aprender novos idiomas, e de facelo en idades temperás.

No centro da Estrada da Granxa, os luns e mércores de 10:30 a 13:30 horas, está programado un Summer Camp de inglés, alemán e francés. Os martes e xoves, de 10:30 a 13:30, terá lugar un taller de animación á lectura. Polo que respecta ao centro de María Balteira, os luns e mércores, de 10:30 a 13:30 horas, celebrarase o taller de animación á lectura e os martes e xoves, de 10:30 a 13:30 horas, terá lugar o Summer Camp de inglés e francés.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/uns-60-cativos-aprenden-ingles-frances-e-aleman-no-veran-nas-casas-das-linguas-do-concello