Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A unidade de actuación S-2 amplía as rúas Rof Codina, Virxe da Esperanza e Illa Coelleira

A unidade de actuación S-2 amplía as rúas Rof Codina, Virxe da Esperanza e Illa Coelleira

  • Tema
    • Urbanismo
Martes, 27 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron a unidade de actuación Sur-2.

A unidade ubícase en Montirón, entre as rúas Rof Codina, Virxe da Esperanza e Illa Coelleira, viais que se amplían e aos que se suma un novo de 15 metros de ancho. Trátase de amplios viais con dous carrís, e aparcamentos a ambos lados.

O proxecto inclúe, ademais, a execución dunha praza na que se integran zonas peonis, zonas verdes arboladas e dúas zonas de xogo. Esta praza, como indicou o Alcalde, levará o nome de San Xoan cumplindo coa petición que realizaron os veciños.

A superficie total da unidade de actuación é de 20.302 metros cadrados, dos que a zona verde supón un total de 4.405 metros cadrados, 2.904 de superficie viaria xeral, 3.609 de viais interiores (a praza) e 9.384 metros cadrados de superficie edificable.

En todos os viais executouse a rede de saneameto separativo, rede de abastacemento, rede de iluminación pública, as luminarias están formadas por báculos ou columnas de 10 ou 12 metros de altura nos viais e con columnas de 4 metros na zona axardinada, rede de distribución de enerxía eléctrica e redes de telefonía e comunicaciones. Así mesmo executouse a rede de gas, de telecomunicacións, baixa e media tensión.

O Alcalde afirmou que “esta unidade de actuación representa a un novo Lugo, a unha nova forma de desenvolver a cidade, coa colaboración entre o Concello e a empresa privada, neste caso coa empresa Cesar Dorado”.

O presuposto de execución do proxecto de urbanización ascendeu a 786.096 euros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unidade-de-actuacion-s-2-amplia-ruas-rof-codina-virxe-da-esperanza-e-illa-coelleira