Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unhas 20 parellas comezan o curso de baile do Servizo de Prevención de Drogodependencias

Unhas 20 parellas comezan o curso de baile do Servizo de Prevención de Drogodependencias

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodendencias celebrará dende mañá, venres, un curso de baile de salón subvencionado polo Plan Nacional de Drogas dentro do programa +xtí.

Un total de 20 parellas, que xa teñen coñecementos de baile latino, comezarán o seu perfeccionamento para conseguir un diploma de asistencia, cunha duración de 45 horas.

O curso, totalmente gratuíto, celebrarase entre o 1 de xuño e o 20 de xullo en horario de nove a once os venres e os sábados de oito a once. A academia de baile Star Dance encargase das clases e porá o local para o curso, na Rúanova, 66, baixo. O día 21 de xullo levarase a cabo a clausura cunha exhibición e a entrega de premios.

As clases estarán a cargo de profesionais recoñecidos pola Federación Nacional e entregarase un diploma de asistencia de 45 horas. Incluiranse dentro do programa do curso samba, cha cha cha, pasodobre, rumba, bolero, jive, merengue, salsa e bachata.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unhas-20-parellas-comezan-o-curso-de-baile-do-servizo-de-prevencion-de-drogodependencias