Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unha visita nocturna polo Cemiterio Municipal permite observar a posta do sol dende unha perspectiva diferente

Unha visita nocturna polo Cemiterio Municipal permite observar a posta do sol dende unha perspectiva diferente

Rosana Rielo, Ana Prieto e Ana Abelleira participaron nesta visita, que está incluída nunha programación que tamén conta cunha andaina polo Camiño de Santiago, así como teatro e danza ao longo de maio e xuño

  • Tema
    • Servizos xerais,
    • Cemiterio
Xoves, 19 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha visita nocturna polo Cemiterio Municipal permite observar a posta do sol dende unha perspectiva diferente

Este xoves celebrouse unha visita nocturna ao Cemiterio Municipal de San Froilán, para observar a posta do sol dende unha perspectiva diferente. Logo continuouse cun roteiro guiado arredor das tumbas de persoeiros ilustres da cultura galega, con lectura de poemas e acompañamento musical.

Neste acto participaron as Concelleiras de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira.

O 21 de xuño, o teatro e a danza chegarán ao cemiterio, con actuacións de Espazo Artístico 10 e Palimoquiños, ás 20:00 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unha-visita-nocturna-polo-cemiterio-municipal-permite-observar-posta-do-sol-dende-unha