Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unha vintena de mozos e mozas reciben de man da alcaldesa os diplomas do programa municipal Fórmate-T Xa!

Unha vintena de mozos e mozas reciben de man da alcaldesa os diplomas do programa municipal Fórmate-T Xa!

Esta tarde, Lara Méndez e o edil Mauricio Repetto lles fixeron entrega, na Casa da Xuventude, dos documentos que acreditan a súa participación nos cursos de Manexo de carretillas elevadoras e Carnicería.

A iniciativa, dirixida a persoas entre os 18 e os 35 anos, ofreceu formación en 6 accións diferentes dirixidas a potenciar a súa empregabilidade no sector agroalimentario e de servizos, onde se precisan profesionais.

  • Tema
    • Formación,
    • Emprego,
    • Emprendemento,
    • Xuventude
Mércores, 21 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha vintena de mozos e mozas reciben de man da alcaldesa os diplomas do programa municipal Fórmate-T Xa!

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o edil de Xuventude, Mauricio Repetto, entregaron esta tarde os diplomas aos mozos e mozas que participaron nos cursos de Manexo de carretillas elevadoras e de Carnicería, corte e elaboración de produtos cárnicos, dentro da programación municipal do Fórma-T Xa!

Unha iniciativa coa que o Goberno de Lara Méndez buscaba mellorar a empregabilidade da xente máis nova, incrementando a través desta formación, as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral.

“Neste momento resulta máis necesario que nunca impulsar políticas de emprego e axudar á veciñanza, especialmente á mocidade, a adquirir coñecementos que serán chave na búsqueda activa de emprego, nun contexto tan complexo como o da recuperación na etapa da post- pandemia na que se agravou, aínda máis, a vulnerabilidade da xuventude para optar a un posto de traballo”, destacou a rexedora.

Durante o acto, a alcaldesa felicitou e desexou moita sorte no seu futuro laboral ás e aos participantes nestes dous cursos, que se suman aos xa concluídos sobre Manipulación de Alimentos, Control de Alérxenos na industria alimentaria e Corte de Xamón.

Pola súa banda, o concelleiro da área, Mauricio Repetto destacou que o programa posibilitou que medio cento de rapaces e repazas, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, recibiran formación específica en consonancia coas necesidades detectadas nalgúns sectores como o agroalimentario e de servicios, onde Xuventude detectou unha demanda de profesionais non satisfeita.

“Ofrecemos así un total de seis accións formativas a través dun deseño Dual que aborda unha parte teórica e outra práctica e que inclúe ademais, unha vez finalizadas as clases, un seguimento e asesoramento específico a todas estas persoas para orientalas na búsqueda de emprego”, afirmou o edil que tamén quixo trasladarlle os seus parabens ao alumnado do Fórma-T Xa!.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unha-vintena-de-mozos-e-mozas-reciben-de-man-da-alcaldesa-os-diplomas-do-programa-municipal