Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unha representación de deportistas lucenses participan nos IX Xogos do Eixo Atlántico en Matosinhos

Unha representación de deportistas lucenses participan nos IX Xogos do Eixo Atlántico en Matosinhos

  • Tema
    • Deportes
Venres, 01 de xullo de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A cidade de Lugo contará cunha ampla representación nos IX Xogos do Eixo Atlántico que se celebran entre o 3 e o 8 de xullo en Matosinhos, Portugal. Un total de 74 deportistas lucenses desplazaránse este domingo día 3 a Portugal para participar nas competicións .
As modalidade nas que participa a delegación lucenses son en baloncesto feminino con 10 xogadoras e dous adestradores; en baloncesto masculino con 10 xogadores e dous adestradores; en atletismo masculino e feminino con 16 atletas e dous adestradores; en voleibol feminino con 10 xogadoras e un adestrador, en volei praia masculino e feminino con 4 xogadores e un adestrador e en fútbol 7 con 12 xogadores e 2 adestradores.
A expedición deportiva sairá o vindeiro domingo ás 09:00 horas dende a Piscina Municipal de Frigsa para voltar, dependendo do resultados obtidos nas diferentes disciplinas deportivas, entre o martes dia 5 e o día 8 de xullo. Para máis información sobre os torneos pódese consultar na web http://www.matosinhosoprt.com/gca/?id=329 [1] onde aparece a información dos calendarios de xogo e regulamentos das competicións deportivas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unha-representacion-de-deportistas-lucenses-participan-nos-ix-xogos-do-eixo-atlantico-en

Ligazóns:
[1] http://www.matosinhosoprt.com/gca/?id=329