Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unha mesa redonda analiza distintas alternativas para lograr unha ordenación sostible do territorio

Unha mesa redonda analiza distintas alternativas para lograr unha ordenación sostible do territorio

  • Tema
    • Urbanismo
Mércores, 28 de marzo de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro Social Maruja Mallo acollerá mañá ás oito da tarde un novo encontro sectorial, adicado aos servizos sociais e sanitarios

O Centros Social Maruja Mallo acolleu esta tarde unha mesa redonda onde distintos expertos e membros de colectivos e asociacións veciñais e sociais de Lugo analizaron diferentes alternativas para lograr unha ordenación sostible do territorio. Esta nova reunión de traballo inscríbese no proceso iniciado o pasado mes de febreiro para a posta en marcha da Axenda 21 Local.

A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, explicou que o obxectivo é “poñer o urbanismo e os distintos instrumentos de ordenación do territorio ao servizo dos cidadáns e do benestar da xente, priorizando as dotacións públicas sobre o beneficio privado para lograr unha cidade máis humana e habitable”. Paz Abraira defendeu que se deseñen cidades “pensadas para as persoas”.

O proceso para a posta en marcha da Axenda 21 continúa deste xeito esta semana coa reunión das distintas mesas de traballo creadas dentro do Foro da Sustentabilidade. A primeira das xuntanzas foi a de hoxe sobre ordenación sostible do territorio. Mañá será a adicada a servizos sociais e sanitarios.

O traballo continuará nas vindeiras semanas coa reunión das mesas temáticas de emprego e desenvolvemento económico, medio ambiente e participación cidadá e conciencia comunitaria. O lugar dos encontros será o Centro Social Maruxa Mallo. A programación é a seguinte:

- Mesa Temática de ordenación sostible do territorio 27/03/2012 20h.
- Mesa Temática de servizos sociais e sanitarios 28/03/2012 20h.
- Mesa Temática de emprego e desenvolvemento económico 10/04/2012 20h.
- Mesa Temática de medio ambiente 11/04/2012 20h.
- Mesa Temática de participación cidadá e conciencia comunitaria 16/04/2012 20h.

www.lugo.es/ws/axenda21 [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unha-mesa-redonda-analiza-distintas-alternativas-para-lograr-unha-ordenacion-sostible-do

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/ws/axenda21