Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unha empresa do CEI organiza unha exposición adicada á Muralla

Unha empresa do CEI organiza unha exposición adicada á Muralla

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 19 de xullo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, asistirán á inauguración dunha exposición de fotos da Muralla, obra do fotógrafo Peter Schneider que é un dos emprendedores instalados no Centro de Empresas e Innovación de Lugo.

A exposición “The Wall-A Muralla. Fotografías de Peter Schneider” estará instalada ata o día 30 de setembro no Museo Provincial.

O acto de inauguración terá lugar as oito desta tarde.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unha-empresa-do-cei-organiza-unha-exposicion-adicada-muralla