Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unha empregada dunha gasolineira resulta ferida grave ó ser atropelada por un turismo que acababa de surtir

Unha empregada dunha gasolineira resulta ferida grave ó ser atropelada por un turismo que acababa de surtir

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O equipo de atestados da Policía Local desprazouse á avda. Benigno Rivera para levantar atestado polo atropelo dunha muller na gasolineira sita nesta avenida cruce coa rúa Artesáns.

O atropelo tivo lugar, hoxe día 19 ás 7.20 horas. Segundo as primeiras informacións o accidente producíuse cando a empregada da gasolineira acababa de repostar o turismo 4687CPL e agachouse diante para mirar unha tapa de rexistro. A conductora do turismo, I.C. F. , de 25 anos , veciña de Vilalba, non se percatou da presencia da operaria que resultou ferida grave.

A vítima L.G.D. de 28 anos, veciña de Outeiro de Rei foi trasladada por unha ambulancia do 061 ó Hospital Xeral onde está sendo atendida.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unha-empregada-dunha-gasolineira-resulta-ferida-grave-o-ser-atropelada-por-un-turismo-que