Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Un milleiro de escolares coñecerán as infraestruturas claves da auga en Lugo

Un milleiro de escolares coñecerán as infraestruturas claves da auga en Lugo

O Executivo de Paula Alvarellos e Gestagua, a empresa que xestiona ambas instalacións, relanzan esta actividade para os colexios que se suspendera tras o covid.

As visitas á potabilizadora e á depuradora comezarán esta semana, coincidindo co Día da Auga e continuarán ata finais de curso.

 Ambas infraestruturas están abertas a calquera tipo de grupo, co único requisito dunha solicitude previa no Concello.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento local,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública,
    • Infraestruturas,
    • Residuos,
    • Auga
Martes, 19 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un milleiro de escolares coñecerán as infraestruturas claves da auga en Lugo

O Goberno local e Gestagua abren as portas, a partir deste mércores 20 de marzo, da depuradora e a potabilizadora, as dúas instalacións de xestión do ciclo integral da auga más importantes da cidade, a estudantes de primaria e secundaria con motivo do Día Mundial da Auga, que se conmemora o 22 de marzo dende 1992. As visitas prolongaranse durante o resto do curso, hasta o mes de xuño, estando xa programadas as de preto de 800 estudantes e agardando chegar aos 1.000.

Aproveitando o Día da Auga, efeméride proclamada por Nacións Unidas para concienciar sobre a importancia de preservar a auga e garantir o acceso universal a este recurso esencial, o Concello de Lugo e Gestagua poñen en marcha esta actividade, que se relanza tras o parón provocado polo covid.  “As visitas permitirán aos centros escolares do municipio coñecer o proceso que permite que a auga chegue dende o río Miño ata as billas dos fogares de Lugo e como de novo é devolta ao río en condicións óptimas tras pasar pola depuradora da cidade, unha das máis modernas e eficientes do país”, sinalou o edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández.

As visitas, que comezan esta semana, prolongaranse ata finais de curso. En total, están xa programadas as duns 800 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos da cidade, se ben poderían chegar ata un milleiro. Só esta semana, dende o mércores ao venres, serán 150 os escolares que visitarán ambas instalación municipais, de titularidade municipal e xestionadas pola empresa Gestagua.

Tanto o Concello como a propia empresa destacan a importancia das iniciativas de educación ambiental como esta, xa que contribúen a concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable e o aforro de auga, ademais de dar visibilidade aos traballos e carreiras profesionais relacionadas co medio ambiente e as enxeñerías, así como a procesos que con frecuencia non son coñecidos pola poboación e que resultan fundamentais para garantir uns servizos de abastecemento e saneamento de calidade.

É por isto que ambas instalacións tamén poden ser visitadas por calquera tipo de grupo, previa formalización da solicitude no Concello de Lugo, tanto de forma presencial como a través de rexistro electrónico neste enlace: https://concellodelugo.gal/gl/tramites/visita-guiada-etap-eou-edar [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/un-milleiro-de-escolares-coneceran-infraestruturas-claves-da-auga-en-lugo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/tramites/visita-guiada-etap-eou-edar