Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Un grupo de doce persoas que participan no obradoiro "Descubrindo Galicia" visitaron onte o Centro de Artesanía e Deseño

Un grupo de doce persoas que participan no obradoiro "Descubrindo Galicia" visitaron onte o Centro de Artesanía e Deseño

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 27 de xaneiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dentro da programación de actividades de Animación Sociocultural para o período 2010-2011 organizadas polo Concello de Lugo, e dende a Área de Benestar Social e Igualdade do Centro de Convivencia Fingoi, encádrase o Obradoiro “Descubrindo Galicia”.

Como actividades complementarias véñense desenvolvendo varias saídas fóra do Centro ao longo do cuarto trimestre do pasado ano 2010 e no primeiro semestre do presente 2011 a diversos lugares de interese histórico e cultural da nosa cidade e arredores. Con elas preténdese, entre outros obxectivos, ademais de ampliar coñecementos sobre os contidos tratados no obradoiro: fomentar a convivencia entre os asistentes, aprender a valorar o noso patrimonio cultural, favorecer a relación e a comunicación intergrupal e potenciar a participación na actividade, facéndoa máis atractiva.

Onte, un grupo de doce persoas, acompañadas pola monitora da actividade “Descubrindo Galicia”, Alma Vanesa Ferreirós Prado, visitaron unha exposición do Centro de Artesanía e Deseño.

O Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) celebra o seu décimo quinto aniversario coa primeira exposición que recolle a relación de Leonardo Da Vinci coa música, realizada logo dun pioneiro e profundo traballo de investigación sobre os seus manuscritos, dos que se obteñen as liñas mestras para a confección dos 20 instrumentos musicais que tamén se expoñen.

Máis información: O CENTRAD celebra o seu 15º aniversario coa mostra internacional Leonardo da Vinci y la Música [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/un-grupo-de-doce-persoas-que-participan-no-obradoiro-descubrindo-galicia-visitaron-onte-o

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_Novas&cid=1227494035251&idioma=gl&pagename=Lugo%2FSpark_Novas%2FLugoNoticiaDetalle&tipoLetra=Texto1