Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Un 18% máis de turistas visitaron Lugo durante o ano 2019

Un 18% máis de turistas visitaron Lugo durante o ano 2019

Maite Ferreiro: “Durante 2020, coa campaña Lugo Km 100, agardamos continuar aumentando o número de visitantes”

Lugo continúa a posicionarse como destino de primeira orde dentro do chamado “turismo de interior”

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística
Martes, 07 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un 18% máis de turistas visitaron Lugo durante o ano 2019

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, indicou que, durante o ano 2019, un total de 84.927 persoas se achegaron ás instalacións turísticas da cidade, “o que supón un aumento do 17% con respecto ao ano pasado”, indicou Maite Ferreiro. A oficina de Turismo atendeu a 44.408 persoas, un aumento do 4% con respecto ao 2018. Os museos dependentes da área de Cultura tamén aumentaron o número de visitantes, onde destaca a Casa dos Mosaicos que duplicou

“Neste novo ano, coa posta en marcha da campaña Lugo Km 100 e coa chegada do ano Xacobeo, agardamos continuar nesta dinámica e superar novamente a cifra de visitantes que se achegan ás instalacións municipais”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “estamos a traballar para poñer en valor Lugo como atractivo turístico de primeira orde dentro do chamado turismo de interior”.

“Lugo está a 100 Km exactos de Compostela, a distancia mínima para obter a Compostela”, indicou a edil de Cultura, que engadiu “un dos nosos obxectivos é atraer ás persoas que queiran facer o camiño por primeira vez escapando da masificación do Camiño Francés ou como punto de partida dunha nova ruta”.

Audio

  • A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a campaña Lugo Km 100 | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/un-18-mais-de-turistas-visitaron-lugo-durante-o-ano-2019

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200107_maite_ferreiro_turismo.mp3