Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Últimos tres días para inscribirse na última edición do Inicia Coworking, que conta cun éxito precedente do 70%

Últimos tres días para inscribirse na última edición do Inicia Coworking, que conta cun éxito precedente do 70%

Unhas 22 persoas poderán incorporarse a esta última edición do programa que se desenvolverá entre xaneiro e xuño no CEI-NODUS. As inscricións poden facerse en https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-4a-edicion/admision [1]

  • Tema
    • Emprendemento
Xoves, 13 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Inicia Coworking de Lugo, impulsado polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI) no CEI-NODUS e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, pecha este sábado, 15 de decembro, a inscrición para a cuarta e última edición desta iniciativa, na que se ofrece, de xeito individualizado e totalmente gratuíto, formación e acompañamento para a posta en marcha ou consolidación de novos proxectos de caracter emprendedor e inovador.

Unhas 22 persoas poderán incorporarse a esta última edición do programa que acadou gran éxito nas tres edicións anteriores, posto que o 70% dos 58 emprendedores e emprendedoras que xa participaron no Inicia Coworking teñen a día de hoxe o seu negocio en marcha e facturando. Ademais, máis da metade destas empresas foron impulsadas por mulleres.

As persoas interesadas en sumarse poden facelo a través da páxina web municipal, www.lugo.gal [2], ou no enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-4a-edicion/admision [1], onde se pode atopar máis información sobre esta iniciativa. Esta fase desenvolverase entre xaneiro e xuño do vindeiro ano no CEI-NODUS. Entre todas as inscricións realizarase unha selección de participantes nesta cuarta edición do Inicia Coworking.

O de Lugo é un dos máis de 50 espazos Coworking que a EOI ten en España para emprender, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento dos mellores proxectos empresariais presentados. Conta cun orzamento de 800.000€, cofinanciados polo Concello e a Escola de Organización Industrial.

Máis información no teléfono 982-29-74-72 ou en cwlugo@eoi.es [3].

Audio

  • Prieto, sobre o Coworking | Descargar mp3 [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ultimos-tres-dias-para-inscribirse-na-ultima-edicion-do-inicia-coworking-que-conta-cun-exito

Ligazóns:
[1] https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-4a-edicion/admision
[2] http://www.lugo.gal/
[3] mailto:cwlugo@eoi.es
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/131218_prieto-coworking.mp3