Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Últimos días para anotarse nos cursos intensivos de natación, nos que o Concello ofrece 210 prazas

Últimos días para anotarse nos cursos intensivos de natación, nos que o Concello ofrece 210 prazas

Os cursos impartiranse ao longo do mes de setembro nas piscinas de Frigsa e das Pedreiras en xornada de tarde. O prezo de matrícula é de 40 euros

  • Tema
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas
Mércores, 20 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este venres, día 22 de xuño, remata o prazo de matrícula para os cursos intensivos de natación dirixidos aos cativos e cativas de 6 a 10 anos, que o Concello organiza no mes de setembro nas piscinas de Frigsa e das Pedreiras. Trátase de cursos de aprendizaxe, para os nenos e nenas que non saben nadar ou nadan menos de 15 metros, e de iniciación básica, para os que saben nadar polo menos 15 metros. A matrícula, que é por orde de chegada, debe facerse nas instalacións nas que a persoa interesada desexa realizar estes cursos. O prezo é de 40 euros.

En total, o Concello ofrece 210 prazas: 146 na piscina municipal de Frigsa, 56 de aprendizaxe e 90 de iniciación básica; e 46 nas Pedreiras, 28 de aprendizaxe e 36 de iniciación básica. As clases terán lugar en xornada de tarde, dependendo da idade dos participantes e do seu nivel, de 16:15 horas a 20:00 horas en Frigsa, ou de 18:00 a 20:30 horas nas Pedreiras.

Máis información no Servizo de Atención Cidadá 010.

Audio

  • Fernández, sobre os cursos intensivos de natación | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ultimos-dias-para-anotarse-nos-cursos-intensivos-de-natacion-nos-que-o-concello-ofrece-210

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200618_fernandez-cursosnatacion.mp3