Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Último día para inscribirse no Mercado Cultural de Primavera, que acollerá en Semana Santa o Vello Cárcere

Último día para inscribirse no Mercado Cultural de Primavera, que acollerá en Semana Santa o Vello Cárcere

Para participar é necesario que as persoas interesadas remitan un portfolio dixital, xunto cunha copia do DNI e datos persoais a vellocarcere@concellodelugo.org [1]

O Concello convoca 16 prazas neste mercado, para as seguintes disciplinas: pintura/ilustración, fotografía e/ou vídeo creativo, escultura, artesanía; deseño de moda, deseño de xoias, complementos e diversos

Esta nova actividade que acollerá este centro municipal, que engrosa ademais a programación cultural de Lugo, celebrarase do 16 ao 21 de abril, nas celas de mulleres, en xornada de mañá e de tarde

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Economía,
    • Comercio
Luns, 08 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Último día para inscribirse no Mercado Cultural de Primavera, que acollerá en Semana Santa o Vello Cárcere

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, informa de que hoxe luns, 8 de abril, é o último día para inscribirse no Mercado Cultural de Primavera, que acollerá en Semana Santa o Vello Cárcere. Para poder participar é necesario que as persoas interesadas remitan un portfolio dixital da súa proposta artística, que inclúa un mínimo de 5 arquivos de imaxe, audio ou vídeo, xunto cunha copia do DNI e datos persoais ao enderezo electrónico vellocarcere@concellodelugo.org [1].

O Concello convoca 16 prazas (dúas por categoría) neste mercado, para as seguintes disciplinas: pintura, debuxo ou ilustración; fotografía e/ou vídeo creativo; escultura, artesanía, deseño de moda, deseño de xoias e complementos; e un concepto de diversos para propostas que non se encadren nas anteriores categorías. Cada persoa participante poderá presentarse nunha única categoría. As e os artistas seleccionados deberán cumprir o horario durante a totalidade dos días establecidos e a non deixar o seu posto desatendido.

O Mercado Cultural de Primavera, que xurdiu do Encontro de Xóvenes Creadores e Creadores celebrado a finais do pasado ano neste espazo, poderase visitar d6 16 ao 21 de abril, 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:30 horas, e ata as 22:30 horas os días 18, 19 e 20 de abril.

Esta nova actividade do Vello Cárcere, que engrosa ademais a programación cultural de Lugo, celebrarase nas celas de mulleres deste centro sociocultural e ten por obxectivo apoiar á industrial cultural da cidade, ao tempo que se ofrece un espazo gratuíto para promover o talento creativo e achegar a arte, a artesanía e o deseño á veciñanza luguesa.

Audio

  • A edil Carmen Basadre, sobre o Mercado Cultural de Primavera | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ultimo-dia-para-inscribirse-no-mercado-cultural-de-primavera-que-acollera-en-semana-santa-o

Ligazóns:
[1] mailto:vellocarcere@concellodelugo.org
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/080419_basadre_mercadocultural.mp3