Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Último día para apuntarse ás actividades do Día Internacional dos Maiores organizadas polo Concello de Lugo

Último día para apuntarse ás actividades do Día Internacional dos Maiores organizadas polo Concello de Lugo

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 10 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo celebrará o domingo 28 de setembro o Día Internacional das Persoas Maiores no Pazo de Feiras e Congresos entre as 11:00 e as 19:30 horas. O prazo de inscrición para participar remata hoxe mércores, 10 de setembro, nos centros sociais municipais.

A cita dará comezo coa celebración da recepción oficial por parte da Concelleira de Muller e Benestar Social, que abrirá o programa da festa que se prolongará ao longo de todo o día coa realización dunha mostra de oficios e xogos tradicionais, entre outras actividades.

Ás 13:30 horas celebrarase o xantar, cun menú de 9 euros composto por entrantes, empanada, polbo a feira, carne ao caldeiro con cachelos, pan, viño, auga, refrescos, postre e café. A sobremesa estará amenizada por un humorista que dará paso ao baile que se alongará ata as 19:30 horas.

Os requisitos para poder asistir a esta festa é ser maior de 60 anos e estar empadroado en Lugo. O día da celebración haberá un servizo de autobuses dende os cinco centros sociais municipais e dende a zona rural.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ultimo-dia-para-apuntarse-actividades-do-dia-internacional-dos-maiores-organizadas-polo