Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As tropas romanas e castrexas de Lugo conquistan Madrid

As tropas romanas e castrexas de Lugo conquistan Madrid

Unha comitiva, formada por preto de 150 integrantes das asociacións do Arde Lvcvs e presidida pola alcaldesa, Lara Méndez, percorreu as rúas máis céntricas da capital.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural,
    • Información turística
Sábado, 21 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As tropas romanas e castrexas de Lugo conquistan Madrid

As tropas romanas e castrexas de Lugo conquistaron este sábado a capital de España. Unha comitiva, formada por preto de 150 integrantes das asociacións do Arde Lvcvs e presidida pola alcaldesa, Lara Méndez, percorreou as rúas máis céntricas de Madrid para dar a coñecer e multiplicar a difusión desta cita de recreación histórica que celebrará, do 22 ao 25 de xuño, a súa vixésimo segunda edición.

No desfile, que forma parte da campaña de promoción turística de Lugo en Fitur, participaron membros de 12 asociacións do Arde Lucus, en concreto de: Cohors III lucensium, Lucus Equites, Salesianos Lucus Augusti, Lucus Icenas Miliatore, Senatus Lucus Augusti, Asemblearias de Lucus Augusti, Mercenarios Galaicos, Kertix, Ara Roma, Guardia Pretoriana, Lugdunum, e Trebas Galaicas.

A comitiva saíu ás 17:30 horas da Praza de Oriente para continuar pola rúa Maior, Praza Maior, Porta do Sol, rúa Arenal, para volver de novo ata a Praza de Oriente.

A través desta acción de street marketing, o Concello promove a expansión nacional e internacional do Arde Lvcvs, levando unha pequena mostra do que é a festa ás zonas con maior tránsito e volume de turistas da capital española. Así mesmo, a inciativa tamén tivo unha gran repercusión mediática, acaparando titulares de prensa en medios nacionais e autonómicos de Madrid.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tropas-romanas-e-castrexas-de-lugo-conquistan-madrid