Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Trinta persoas participan no CEI nun seminario gratuíto sobre ideas empresariais

Trinta persoas participan no CEI nun seminario gratuíto sobre ideas empresariais

  • Tema
    • Economía
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI) comeza mañá, xoves, o seminario “Xeración e mediación de ideas empresariais”, que se celebrará durante tres xoves seguidos, a partir do día 7 de xuño, e no que participarán 30 persoas.

Este seminario consta de 15 horas que se desenvolverán de catro a nove da tarde cada un dos tres días. A formación está a cargo da empresa BIC Galicia e é totalmente gratuíta.

Os interesados en informarse sobre o tipo de cursos poden facelo a través do teléfono 982 26 42 60 ou na dirección electrónica formacion@cei.lugo.es [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/trinta-persoas-participan-no-cei-nun-seminario-gratuito-sobre-ideas-empresariais

Ligazóns:
[1] mailto:formación@cei.lugo.es