Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Transición Ecolóxica instala 14 novas papeleiras no barrio de Recatelo

Transición Ecolóxica instala 14 novas papeleiras no barrio de Recatelo

Mauricio Repetto destacou que “para facilitar o civismo, tamén é necesario dotar aos veciños de servizos como este, que exemplifican o noso compromiso co medio ambiente e coa atención ás demandas veciñais”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Venres, 15 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Transición Ecolóxica instala 14 novas papeleiras no barrio de Recatelo

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Concellería de Transición Ecolóxica, vén de instalar 14 novas papeleiras no barrio de Recatelo, atendendo ás solicitudes das asociacións veciñais e reforzando o contacto continuo co tecido social da zona. As papeleiras están distribuídas por diferentes rúas: catro na rúa Isaac Díaz Pardo, unha na Vila de Sarria, outra na Avelino Pousa Antelo, tres na Pascual Veiga, unha na Ribadeo, tres no Carril dos Loureiros - pendentes da finalización das obras -, e unha na rúa Recatelo.

O edil Mauricio Repetto subliñou que “para facilitar o civismo, tamén é necesario dotar aos veciños de servizos como este, que exemplifican o noso compromiso co medio ambiente e coa atención ás demandas veciñais”. Tamén incidiu no traballo en colaboración coas asociacións veciñais, “fundamental para mellorar os servizos públicos e contribuír a unha cidade máis sostible e limpa”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/transicion-ecoloxica-instala-14-novas-papeleiras-no-barrio-de-recatelo