Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As traballadoras do 010 se reincorporan ao Concello retomando as súas funcións de atención telefónica á cidadanía

As traballadoras do 010 se reincorporan ao Concello retomando as súas funcións de atención telefónica á cidadanía

A rexedora mantivo un encontro con elas o pasado mes de febreiro para avanzarlles os termos da súa readmisión que se fará efectiva nos próximos días.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público,
    • Servizos xerais
Mércores, 08 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As traballadoras do 010 se reincorporan ao Concello retomando as súas funcións de atención telefónica á cidadanía

A Xunta de Goberno Local vén de autorizar esta mañá a readmisión das catro traballadoras do 010 que nos próximos días se reincorporarán ao Concello, retomando as súas funcións de atención telefónica á cidadanía.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xa mantivera un encontro o pasado mes de febreiro con elas para avanzarlles os termos da súa readmisión como persoal laboral indefinido da Administración local, onde exercerán as mesmas funcións que tiñan anteriormente e nas mesmas condicións - en xornada de mañá e tarde - para o que dende a área de Persoal se está xa a elaborar, cumprindo cos prazos legalmente establecidos, unha proposta de modificación puntual da RPT que recolla a existencia das catros prazas.

Tanto a rexedora como a tenenta de alcaldesa e concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, destacaron o labor desenvolvido por estas catro empregadas ata a finalización da relación contractual que mantiñan coa adxudicataria do servizo e puxeron en valor o seu compromiso e a excelente función que viñan desempeñando como interlocutoras da Institución coa veciñanza de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/traballadoras-do-010-se-reincorporan-ao-concello-retomando-suas-funcions-de-atencion