Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Tonina Gay dará inicio á semana cultural do San Froilán

Tonina Gay dará inicio á semana cultural do San Froilán

Maite Ferreiro: “o acto poderá seguirse en directo a través de internet e por radio”

O pregón terá lugar no salón de plenos do concello e comezará ás 12:30 horas

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Información turística
Sábado, 26 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Tonina Gay dará inicio á semana cultural do San Froilán

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, deu conta dos avances realizados na organización do pregón da semana cultural do San Froilán. “Como xa anunciaramos nas pasadas semanas, a xornalista lucense Tonina Gay será a encargada de dar inicio a esta semana de actividades culturais o vindeiro domingo 4”.

“Desde a área de Cultura queremos que toda a veciñanza que o desexe puidera asistir a este pregón da semana cultural do San Froilán, mais debido á situación actual decidimos realizalo nun lugar pechado e con cabida controlada”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “todas as veciñas e veciños de Lugo que o desexen poderán ver en directo o pregón a través da web municipal”. Ademais, Maite Ferreiro afirmou que “como homenaxe á traxectoria da pregoeira, desde a área de Cultura quixemos emitir este acto a través da radio, e así garantir tamén que chegue a todas as casas”.

O acto terá lugar no salón de plenos do concello a partir das 12:30 horas do vindeiro domingo 4. Maite Ferreiro explicou que “debido ás limitacións de cabida, só poderán asistir as persoas representantes das distintas institucións e unha serie de persoas convidadas pola pregoeira”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tonina-gay-dara-inicio-semana-cultural-do-san-froilan