Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Tonina Gay da inicio ás actividades da semana cultural do San Froilán, organizadas pola área de Cultura

Tonina Gay da inicio ás actividades da semana cultural do San Froilán, organizadas pola área de Cultura

O pregón da semana cultural puido seguirse en directo a través da radio e na páxina de Facebook da Concellería de Cultura

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural
Domingo, 04 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Tonina Gay da inicio ás actividades da semana cultural do San Froilán, organizadas pola área de Cultura

A xornalista Tonina Gay foi a encargada de dar inicio no salón de plenos do Concello á semana cultural do San Froilán, que desde a área de Cultura se organizou para reactivar o sector cultural e promocionar ás agrupacións locais. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, destacou que “máis de 50 agrupacións locais actuarán nesta semana cultural”, e afirmou que “nos recintos dos concertos cumpriranse todos os protocolos emitidos polas autoridades sanitarias”.

A edil de Cultura lembrou, tamén, que seguimos estando nunha situación de emerxencia sanitaria, e pediu novamente á veciñanza “que nas reunións familiares que se produzan estes días se cumpran todos os protocolos coa mesma responsabilidade que Lugo vén demostrando nos últimos meses”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tonina-gay-da-inicio-actividades-da-semana-cultural-do-san-froilan-organizadas-pola-area-de